CPI Virxe de Cela: Terceiro ciclo abril 2014 !-- Prototype y Scriptaculous-->

Adverbios

luns, 28 de abril de 2014

http://www.juntadeandalucia.es/averroes/carambolo/WEB%20JCLIC2/Agrega/Lengua/Palabras/La%20palabra/contenido/lc009_oa05_es/index.html
                                                                           www.juntadeandalucia.es/averroes
http://cplosangeles.juntaextremadura.net/web/edilim/tercer_ciclo/lengua/el_adverbio/el_adverbio.html
                                                                    http://cplosangeles.juntaextremadura.net
http://eljuego.free.fr/Fichas_gramatica/FG_adverbio.htm

http://www.primaria.librosvivos.net/archivosCMS/3/3/16/usuarios/103294/9/Lengua_6EP_cas_ud8_Eladverbio/frame_prim.swf
                                                                                    http://www.primaria.librosvivos.net


http://edu.jccm.es/cp/villacol/files/anaya/rdi/U08/06.htm

edu.jccm.es/cp/villacol

 

O rap das conxuncións

www.wordle.net
Zaira creou esta canción para aprender as conxuncións.

O rap das preposicións


 Zaira creou esta canción para aprender as preposicións.

Contamos historias: Rebelión animal

mércores, 23 de abril de 2014



 Facía un día moi malo. Chovía, o vento parecía enfadado e os toldos parecían estoupar. Así comeza o conto dos alumnos de 6º de Primaria onde eles poñen os efectos e a imaxinación.


SOMOS PERIODISTAS: EMISIÓN RADIOFÓNICA VI RASTRO SOLIDARIO E OPERACIÓN QUILO 2014

martes, 22 de abril de 2014


http://www.diariodeferrol.com/articulo/ferrol/alumnos-cpi-virxe-da-cela-monfero-realizan-programa-radio-solidario/20140421002227082721.html
                                   www.diariodeferrol.com (Pica na imaxe para ver a noticia)


A celebración do VI Rastro Solidario e Operación Quilo 2014 supón un día moi especial para o CPI Virxe da Cela. O venres 11 de abril de 2014 o noso centro realizou unha xornada de portas abertas, e ademais dos nenos e nenas, profesores e profesoras, os corredores recibiron a visita de familias, que se achegaron á nosa escola para participar activamente nesta actividade.

Coincidindo coa realización do obradoiro de radio “Laboratorio Radiofónico”, que se vén desenvolvendo todos os venres no noso centro desde o pasado mes de febreiro e dirixido ao alumnado de 5º e 6º de primaria e 4º da ESO, tivemos a idea de realizar unha gravación especial dedicada á VI Edición do Rastro Solidario e Operación Quilo 2014.

Os rapaces e rapazas de 5º e 6º de primaria, dentro das actuacións do proxecto "Sostenibilidade e paisaxe" entrevistaron a Belén e Yoli, dúas das nais que viviron de cerca esta experiencia: dedicaron parte do seu tempo axudando aos máis pequenos a elixir os obxectos e realizar o troco de alimentos, axenciáronse a cámara de fotos para documentar a actividade, e incluso unha delas aportou gran cantidade de bisutería realizada artesanalmente utilizando as cápsulas de nespresso e que tivo grande éxito de vendas… Aproveitando a visita de Mª José e Bea, da Fundación Ayuda en Acción, fixémoslles tamén unha entrevista para ver o seu punto de vista. Ambas agasallaron ao noso centro cun montón de críticas positivas, e sabemos que o convenio de colaboración coa Fundación Ayuda en Acción que firmamos o pasado mes de decembro de 2013 vai dar moitos froitos.

Tamén entrevistamos a Verónica, unha das profes coordinadoras de Monferosolidario, que resaltou a importancia desta actividade para sensibilizar a toda a comunidade educativa, e contamos tamén cos comentarios de varios alumnos e alumnas, que amosan grande entusiasmo e satisfacción ao sentirse partícipes dunha acción que vai axudar ás persoas máis necesitadas.





Distrito forestal de Ferrol: Obradoiro de sensibilización ambiental

mércores, 9 de abril de 2014


Estupendo obradoiro ambiental realizado polo persoal do Distrito Forestal de Ferrol (Cristina e Luís) grazas ao cal apreciamos e valoramos a grandeza e a importancia das árbores e da auga.

Ademais, nós te propoñemos que deixes no muro a túa opinión, inquedanzas ou sentimentos sobre as árbores e o consumo responsable da auga. É moi sinxelo, basta con picar dúas veces no mesmo.

Exposición sobre o cambio climático

luns, 7 de abril de 2014


A exposición “ O noso mundo, o noso futuro, a nosa opción” que o Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia (CEIDA)trasladou ao noso centro os problemas medioambientais máis importantes do noso planeta.
 
Ir abajo Ir arriba