
As matemáticos no Antigo Exipto constituíron a rama da ciencia que máis se desenvolveu. Os exipcios investigaron e empregaron a aritmética centrándose nos seus usos prácticos.Como as coñecemos (fontes históricas)
Podemos est
udalas a partir do papiro Rhind que contén unha táboa de fraccións e 84 problemas que os permiten coñecer a forma de calcular deste pobo.Observando dámonos conta de que empregaban fórmulas e métodos para cálculo de áreas, e operación aritméticas para a adición, a subtracción, a multiplicación e a división das fraccións unitarias, ademais de números compostos e primos, medidas aritméticas, xeométricas e harmónicas, e un método simple da taboa de Eratostenes e do número perfecto.Tamén amosa como solucionar ecuacións lineais de primeira orde así como sumar series aritméticas e xeométricas.
Outros papiros matemáticos de importancia son o de Moscova (PMM), o papiro de Reisner, a táboa de madeira de Ajmim (Museo do Cairo) (AWT), e varios textos que inclúen receitas médicas.OS NÚMEROS
No Antigo Exipto empregaban dous tipos de numeración:
1º) NÚMEROS EN XEROGLÍFICOS: Escrito en xeroglíficos, era un sistema decimal con signos distintos para 10,100 10000, … redondeando ao número máis alto.Os xeroglíficos podían ser escritos dentro do texto, de esquerda a dereita e de arriba cara abaixo.
2º) Números en hierático: escritos cun novos símbolos asociados un número. Diferenciábase do sistema xeroglífico en que os símbolos eran máis sinxelos, para poder escribir máis rápido e comezou a redor do ano 2150 a. C.
Os papiros matemáticos que nos permiten entender a escritura hierática son o de Moscova e o de Rhind.SUMAR E RESTAR
Para os signos máis e menos empregábanse os xeroglíficos:
Si os pes sinalaban a dirección da escritura, significaban suma, si non resta.
MULTIPLICAR
A multiplicación exipcia facíase por duplicacións do multiplicando, e é coñecida como duplicación e mediación, e basease na propiedade distributiva da multiplicación. Non tiñan que aprender unha táboa, so precisaban saber sumar, aínda que era un método moito máis lento.FRACCIÓNS
Os números racionais tamén podíanse expresar. O xeroglífico que indicaba unha fracción era unha boca e significaba a “parte”.
Para as medidas de superficie e capacidade baseáronse nas divisións de dous de ½, fraccións representadas no Ollo de Horus.

Para medir os campos empregaban unha unidade de medida coñecida por setat:

http://es.wikipedia.org/wiki/Matem%C3%A1ticas_en_el_Antiguo_Egipto
Nerea Valle, 5ºB