CPI Virxe de Cela: Terceiro ciclo O blog do 3º ciclo !-- Prototype y Scriptaculous-->

SOMOS PERIODISTAS: EMISIÓN RADIOFÓNICA VI RASTRO SOLIDARIO E OPERACIÓN QUILO 2014

martes, 22 de abril de 2014


http://www.diariodeferrol.com/articulo/ferrol/alumnos-cpi-virxe-da-cela-monfero-realizan-programa-radio-solidario/20140421002227082721.html
                                   www.diariodeferrol.com (Pica na imaxe para ver a noticia)


A celebración do VI Rastro Solidario e Operación Quilo 2014 supón un día moi especial para o CPI Virxe da Cela. O venres 11 de abril de 2014 o noso centro realizou unha xornada de portas abertas, e ademais dos nenos e nenas, profesores e profesoras, os corredores recibiron a visita de familias, que se achegaron á nosa escola para participar activamente nesta actividade.

Coincidindo coa realización do obradoiro de radio “Laboratorio Radiofónico”, que se vén desenvolvendo todos os venres no noso centro desde o pasado mes de febreiro e dirixido ao alumnado de 5º e 6º de primaria e 4º da ESO, tivemos a idea de realizar unha gravación especial dedicada á VI Edición do Rastro Solidario e Operación Quilo 2014.

Os rapaces e rapazas de 5º e 6º de primaria, dentro das actuacións do proxecto "Sostenibilidade e paisaxe" entrevistaron a Belén e Yoli, dúas das nais que viviron de cerca esta experiencia: dedicaron parte do seu tempo axudando aos máis pequenos a elixir os obxectos e realizar o troco de alimentos, axenciáronse a cámara de fotos para documentar a actividade, e incluso unha delas aportou gran cantidade de bisutería realizada artesanalmente utilizando as cápsulas de nespresso e que tivo grande éxito de vendas… Aproveitando a visita de Mª José e Bea, da Fundación Ayuda en Acción, fixémoslles tamén unha entrevista para ver o seu punto de vista. Ambas agasallaron ao noso centro cun montón de críticas positivas, e sabemos que o convenio de colaboración coa Fundación Ayuda en Acción que firmamos o pasado mes de decembro de 2013 vai dar moitos froitos.

Tamén entrevistamos a Verónica, unha das profes coordinadoras de Monferosolidario, que resaltou a importancia desta actividade para sensibilizar a toda a comunidade educativa, e contamos tamén cos comentarios de varios alumnos e alumnas, que amosan grande entusiasmo e satisfacción ao sentirse partícipes dunha acción que vai axudar ás persoas máis necesitadas.





Distrito forestal de Ferrol: Obradoiro de sensibilización ambiental

mércores, 9 de abril de 2014


Estupendo obradoiro ambiental realizado polo persoal do Distrito Forestal de Ferrol (Cristina e Luís) grazas ao cal apreciamos e valoramos a grandeza e a importancia das árbores e da auga.

Ademais, nós te propoñemos que deixes no muro a túa opinión, inquedanzas ou sentimentos sobre as árbores e o consumo responsable da auga. É moi sinxelo, basta con picar dúas veces no mesmo.

Exposición sobre o cambio climático

luns, 7 de abril de 2014


A exposición “ O noso mundo, o noso futuro, a nosa opción” que o Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia (CEIDA)trasladou ao noso centro os problemas medioambientais máis importantes do noso planeta.

A enerxía

luns, 31 de marzo de 2014

http://www.edu.xunta.es/espazoAbalar/sites/espazoAbalar/files/datos/1356094514/contido/sd_web/index.html
                                                 http://www.edu.xunta.es/espazoAbalar

O noso mundo é algo marabilloso, enerxía por todas partes. Coñécesme?
Práctica nesta aplicación.

Ortografía da H

luns, 17 de marzo de 2014

http://concurso.cnice.mec.es/cnice2006/material100/index.htm

concurso.cnice.mec.es

http://www.edu365.cat/primaria/muds/castella/ortografiate/ortografiate3/contenido/sd01/sd01_oa02/index.html
edu365.cat



http://www.educa.madrid.org/binary/851/files985/ejerh_n2/ejerh_n2.html











                                                                   educa.madrid.org


http://ntic.educacion.es/w3/eos/MaterialesEducativos/mem2010/ortografia_natural/actividades/menu.html


                                                                    ntic.educacion.es


Anímate e aprende a ortografía da "h".

Maquetas do corpo humano

mércores, 26 de febreiro de 2014









Esta semana temos na aula un obradoiro para crear as maquetas de diferentes aparatos do corpo humano. Aprendizaxe e creatividade da man para coñecer e valorar o noso corpo.

A función da reprodución humana: webquest

mércores, 5 de febreiro de 2014

Material autoeditado

Toca aprender a aprender. Realizando esta webquest a función de reprodución humana non terá ningun segredo para ti. 

Analizar formas verbales

luns, 20 de xaneiro de 2014

Para poder analizar correctamente unha forma verbal, primeiro temos que coñecer as características xerais dos mesmos. Repasemos as mesmas e non teremos problemas coa seguinte aplicación.

http://www.genmagic.net/lengua4/pape2c.swf

                                                             http://www.genmagic.net


http://www.materialesdelengua.org

http://www.materialesdelengua.org/WEB/hotpotatoes/verbo/tiemposverbales_1.htm

Análisis morfológico de oraciones


Anter de comezar temos que repasar os tipos de palabras.

Mans a tarefa.

http://conteni2.educarex.es/mats/11754/contenido/home.html

 http://conteni2.educarex.es

 http://www.educa.madrid.org/binary/488/files97/flash.htm?numrecurso=4 
                                                       http://www.educa.madrid.org




 
Ir abajo Ir arriba