
O noso corpo parece saber que a forza nace do traballo en equipo, porque as células están organizadas en tecidos, órganos, aparellos e sistemas para realizar as súas funcións,dun xeito eficaz. Sen embargo, a pesar da súa enorme complexidade, o corpo humano está en constante evolución…
Podemos dicir que a célula é como a unidade básica do noso corpo, que executa as funcións necesarias para a vida diaria: medrar, reproducirse, metabolizar, responder aos estímulos e diferenciarse .
É moi pequena, invisible a simple vista, pero ten a habilidade de traballar independentemente.
As células teñen unha gran variedade de tamaños e formas, dependendo, principalmente dos diferentes ambientes ou funcións.
No interior delas prodúcense moitas reaccións químicas, que lles permiten crecer, producir enerxía e eliminar os residuos. Todas estas reaccións é o que denominamos metabolismo (un termo que vén dunha palabra grega que significa cambio).
Material autoeditado
0 comentarios:
Publicar un comentario
Antes de comentar, pensa que so se publicarán si son respetuosos.