Visita de Fina Casalderrey ao noso colexio.
Hoxe o alumnado das clases de 5º e 6º do colexio Condesa de Fenosa tivemos a sorte de recibir a visita dunha convidada moi especial: foi a escritora pontevedresa Fina Casalderrey.
A min pareceume unha persoa moi interesante, pois ademais de escritora é profesora no I.E.S. Salvador Moreno de Marín (Pontevedra) e periodista e gastrónoma.
Descubrimos moitas cousas sobre ela, a verdade é que se notaba que lle gusta falar e comunicarse cos nenos e nenas.
Falounos da súa infancia, que lle houbese gustado crecer rodeada de libros, aínda que a min o que máis me gustou foi cando contou por que se fixo escritora. Foi a historia de Aroa, a señora que non sabía ler, que era súa veciña e ía onde ela para lerlle as cartas de seu fillo emigrado as Américas. A verdade e que pareceume moi fermosa e emocionoume moito.
Tamén nos deu consellos moi interesantes para escribir sobre as cousas que nos acontecen e que sentimos, e que, ademais de saber escribir, hai que ter imaxinación, sensibilidade e creatividade.
Un descubrimento interesante foi que a historia do seu libro “Isha, nacida do corazón” está baseado en feitos e personaxes reais.
Unha bagoa que o tempo pasase tan rápido escoitando a Fina.
Como final ensinámoslle os nosos debuxos, inspirados nos capítulos dese libro e tivo a amabilidade de asinarnos uns autógrafos.
Fina Casalderrey ademais de escribir o libro de Isha, escribiu O misterio dos fillos de lúa polo que recibiu o premio O Barco de vapor e O estanque dos parrulos pobres polo que recibiu o premio Edebe de literatura infantil e xuvenil.
Esta é a súa obra:
- Dúas bágoas por Máquina.
- A noite dos coroides.
- Chamizo.
- Asústate, Merche!
- O misterio dos fillos de lúa.
- O estanque dos parrulos pobres.
- Prohibido cazar, papá!
- Ás de mosca para Anxo.
- A filla das ondas.
- Bicos de prata.
- A máscara de palma.
- Cando a Terra esqueceu xirar.
- Un can no piso! E que?
- Fillas das ondas.
- Eu son eu.
- O meu avó é unha gata.
- Un misterio na mochila de Alba.
- Quen me quere adoptar?
- Isha, nacida do corazón.
- Pásmate Merche.
- Un cabalo de lume.
- Apertas de vainilla.
- Xela volveuse vampira.
- A pomba e o degolado.
- Ola estúpido monstro peludo.
- Félix o coleccionista de medos.
- Pesadelo no tren chocolate.
- Lume!
Poderedes saber mais cousas visitando a súa web: Fina Casalderrey http://fina.casalderrey.com/
Gozádea...
María Rodríguez Pereira
María Rodríguez Pereira
6 comentarios:
Está muy bien, ¡resumido y lo cuenta todo!
fina mola!
mola mola! jaja muy bien Maria esta muy interesante
Fina chámome Ana e teño 10 anos e gustoume moito un libro teu.
Fina chámome Ana e teño 10 anos.Gustoume moito un libro teu.
Fina chámome Ana e no colexio hai unha historia túa que se chama a PROFE VAMPIRESA.Gustoume moito
Publicar un comentario
Antes de comentar, pensa que so se publicarán si son respetuosos.