CPI Virxe de Cela: Terceiro ciclo As células no noso corpo !-- Prototype y Scriptaculous-->

As células no noso corpo

mércores, 15 de setembro de 2010

A célula
O corpo humano é un conxunto de cincuenta billóns de células, agrupadas en tecidos e organizadas en diferentes sistemas.


O noso corpo parece saber que a forza nace do traballo en equipo, porque as células están organizadas en tecidos, órganos, aparellos e sistemas para realizar as súas funcións,dun xeito eficaz. Sen embargo, a pesar da súa enorme complexidade, o corpo humano está en constante evolución…


Podemos dicir que a célula é como a unidade básica do noso corpo, que executa as funcións necesarias para a vida diaria: medrar, reproducirse, metabolizar, responder aos estímulos e diferenciarse .

É moi pequena, invisible a simple vista, pero ten a habilidade de traballar independentemente.


As células teñen unha gran variedade de tamaños e formas, dependendo, principalmente dos diferentes ambientes ou funcións.


No interior delas prodúcense moitas reaccións químicas, que lles permiten crecer, producir enerxía e eliminar os residuos. Todas estas reaccións é o que denominamos metabolismo (un termo que vén dunha palabra grega que significa cambio).
Material autoeditado

0 comentarios:

Publicar un comentario

Antes de comentar, pensa que so se publicarán si son respetuosos.

 
Ir abajo Ir arriba