CPI Virxe de Cela: Terceiro ciclo A FÓRMULA MÁXICA DO NADAL !-- Prototype y Scriptaculous-->

A FÓRMULA MÁXICA DO NADAL

domingo, 12 de decembro de 2010


Saímos ao escenario

Primeiro tres personaxes (TATIANA, MARCOS E PABLO) con caixas nas mans , que cantan entusiasmados:

- Mercar, mercar, mercar (os tres a vez, movéndose en zic –zac)

Sae unha nova personaxe:

- Pero que facedes! - Pregunta asombrado (Martín)

- Pero non o ves, gozar do Nadal: vimos de mercar ….! (responden os outros tres á vez TATIANA, MARCOS E PABLO)

- Mira eu teño a colonia de Antonio Contreras. Con ela terei estilo e serei internacional (no meu pobo)- asentiu Marcos entusiasmado.

- Pois mellor é este ferro da roupa –responde Tatiana con entusiasmo- Compreina para a miña nai. Ela levántase pola maña, ira ao traballo, coidara de nos, estará todo o día guapa e feliz e pola noite planchara, e xa non se deitará cansa.

-Ben, pois eu teño algo mellor- asinte Pablo cheo de razón- eu teño accións de PETSOL E PANSA, dúas compañías que teñen a natureza por bandeira, sempre se anuncian coa natureza como fondo e incluso agora nos farán as estradas con rodas vellas.

- Pero non vos dades conta de que ese non é o Nadal. Ides deixando polo camiño unha chea de cousas que son imprescindibles para celebrala – asinte MARTÍN cheo de razón-.

En grupos de tres o resto das personaxes están agachados no chan.E por quendas levántanse e comezan a falar:

1º grupo:

- A tradición (Ania)

-Falamos de valorar o que somos e o que temos porque é froito do traballo dos nosos antepasados (David)

-Do primeiro home que traballou a terra, o do primeiro que fixo a súa casa nas nosas terras e de todos os seus descendentes.(Iria)

- Xa, que coñecer o pasado é imprescindible para entender o presente e construír o futuro (Ania)

2º grupo:

-O respecto, a nos mesmos e ós demais (Nerea)

-Respecto a natureza, xa que somos parte dela é a nosa casa e a dos seres vivos que nos rodean. (Jorge)

-Respecto ao propio corpo, coidando os nosos hábitos. (Hector)

-Respecto aos demais, aos seus pensamentos e necesidades(Nerea)

3º grupo

- A tolerancia (Francisco)

-Observando, escoitando e reflexionando sobre as nosas actitudes e as dos demais. (Manuel)

-Con tolerancia pero sempre dende o respecto a dignidade humana. (Angel)

4º grupo

- Empatía (Pablo R.P)

- Poñéndonos, no lugar dos demais evitando ofender sen necesidade. (María)

-Reflexionando antes de actuar. (Tamara)

5º grupo

- O esforzo e o traballo (David)

-Forman parte imprescindible da nosa formación como persoas. (Mireya)

- Ademais produce a ledicia de alcanzar os nosos obxectivos (Tami)

6º grupo

-A solidaridade (Aída)

- Falamos de entregar, distribuír, compartir e multiplicar sentimentos e bens. (Lorena)

- Falamos de colaborar no desenvolvemento de todos. (Alberto)

- Pero sempre recordando, como dixo o noso profe David: Para facer unha gran obra, hai que facer primeiro un millón de obras pequenas, das que ninguén sexa testemuña.” (Aída).


Agora as personaxes compradoras din:

- moi bonito todo isto! (Tamara)

- pero, agora que facemos con todo? (Marcos e Pablo)

Martín, levando unha gran pota di:

- Pois, o mesturaremos todo e a ver o que sae.

Todos votan os pos máxicos das súas palabras e tras remover un chisco:

- Mirade, creo que aquí hai algo ………. (Ángel )

Entón Lorena e Alberto sacan un cartel que di:

Bo Nadal e mellor 2011.

6 comentarios:

Nerea dixo...

Está bastante ben. Gustoime moito. Os diálogos están requeteben. A ver si lles gusta aos outros cursos.

tamara** dixo...

jajajaja esoo!!! A ver si les gusta a los otros cursos.....!!
bueno al menos nos gusta a nosotros!!
muy buena idea tuviste Camino!!

Mª CAMINO PEREIRO dixo...

Muchas gracias chicas,sois un encanto. Lo importante es que disfrutéis haciéndola...

tamara** dixo...

jajaja yo al menos me divierto....!!!!!
a mi me da igual si les gusta o no porque a mi al menos me gustaaa!!!

AIDA Y ANIA dixo...

Aida y Ania dicen...

nos gusta mucho la obra es muy divertida.

tamara** dixo...

jajajaja...!!
Al fin hemos hecho la obra...!!
jajaja pero a mi me dió gracia lo de Alberto pero es un fayo de las neurónas!!!! jajaja
daba mucha gracia hasta parecia parte de la obra pero eso le pasa a cualquir niño o niña....!!!

Publicar un comentario

Antes de comentar, pensa que so se publicarán si son respetuosos.

 
Ir abajo Ir arriba