CPI Virxe de Cela: Terceiro ciclo Amor no porto USB !-- Prototype y Scriptaculous-->

Amor no porto USB

domingo, 8 de maio de 2011

Un par de obxectos: un ordenador e un teléfono son suficientes para crear unha fermosa historia.
  Amor no porto USB.

Pentium Xosé era un ordenador portátil de última xeración, era o último grito tecnolóxico e o resto dos ordenadores da tenda de informática o admiraban.

Cando a tenda pechaba, e os clientes e os empregados marchaban, os ordenadores cobraban vida e falaban das súas cousas e sobre todo presumían. As conversas habituais eran:

¡Mira que disco duro de 500 xigas teño! ou ¡Eu teño o Windows Seven instalado de serie!

E así tódolos días. Pentium Xosé era feliz cos seus amigos, aquela era a súa familia.


Un día todo aquilo cambiou, Pentium Xosé foi vendido a un rapaz, tivo que separarse dos seus amigos, aquel foi un día moi triste, ia  votalos de menos!

Cando o sacaron da súa caixa, atopouse nun carto moi xuvenil, a verdade é que estaba moi ben decorado, era o típico carto de estudante, pero el sentíase moi triste e moi so.A medida que pasaban os días votaba máis  de menos a seus amigos.

Un día que estaba aburrido e descansando no modo de salvapantallas, escoitou unha voz:

- Hei, ti!
Cando mirou, non viu a ninguen e dixo:
- Quén é? Non te vexo.

-Son Nokia Xosefa, e estou aquí! Non me vés, acaso estás cego? Son un teléfono móbil – dixo ela.

Cando Pentium Xosé a viu, namorouse dela coma un tolo, era tan mona, con aquela pantalla con tanto colorido  e aquelas teclas tan xeitosas!

A partir dese día Pentium Xosé e Nokia Xosefa foron noivos, quedábanse  moi tristes cando estaban separados, contaban impacientes os segundos, os minutos e as horas que lles faltaban para estar xuntos, pero cando chegaban as cinco da tarde era o memento de maior ledicia, pois era a hora na que o rapaz volvía do colexio e os deixaba conectados un o outro polo cable usb, ese era o momento mais feliz para os dous.


María Rodríguez 5º B

                            FIN.

2 comentarios:

Tami dixo...

Buena historia, María, me ha gustado mucho.

M-A-R-T-I-N dixo...

Pentium Xosé y Nokia Xosefa XDDDDDD

Publicar un comentario

Antes de comentar, pensa que so se publicarán si son respetuosos.

 
Ir abajo Ir arriba