CPI Virxe de Cela: Terceiro ciclo O blog do 3º ciclo !-- Prototype y Scriptaculous-->

As células no noso corpo

mércores, 15 de setembro de 2010

A célula
O corpo humano é un conxunto de cincuenta billóns de células, agrupadas en tecidos e organizadas en diferentes sistemas.


O noso corpo parece saber que a forza nace do traballo en equipo, porque as células están organizadas en tecidos, órganos, aparellos e sistemas para realizar as súas funcións,dun xeito eficaz. Sen embargo, a pesar da súa enorme complexidade, o corpo humano está en constante evolución…


Podemos dicir que a célula é como a unidade básica do noso corpo, que executa as funcións necesarias para a vida diaria: medrar, reproducirse, metabolizar, responder aos estímulos e diferenciarse .

É moi pequena, invisible a simple vista, pero ten a habilidade de traballar independentemente.


As células teñen unha gran variedade de tamaños e formas, dependendo, principalmente dos diferentes ambientes ou funcións.


No interior delas prodúcense moitas reaccións químicas, que lles permiten crecer, producir enerxía e eliminar os residuos. Todas estas reaccións é o que denominamos metabolismo (un termo que vén dunha palabra grega que significa cambio).
Material autoeditado

A célula e o ADN

A célula é a menor estrutura capaz de realizar as tres funcións vitais: nutrición, relación e reprodución. Todos os organismoas vivos están compostos de células.

O ADN é o material xenético da maioría dos organismos vivos que controla a herdanza e está situado no núcleo das células.


Mireya R.F 5º B
Material autoeditado

Calculadora!

martes, 14 de setembro de 2010

O manexo da calculadora non é complicado.
Comproba a túa habilidade con ou sen ela.

Atréveste a facer un cubo de Rubik mais un Sudoku?

Fai click e proba! Daralo conseguido?
http://www.aulademate.com/contentid-194.html

Sistemas de numeración exipcia

luns, 13 de setembro de 2010

O noso sistema de numeración (decimal) non é o único, moitas civilizacións crearon o seu propio. Aquí tedes o sistema de numeración exipcia., que estaba representado por figuras. Necesitaban poder calcular para desenvolverse na súa vida cotiá.
Imaxinas como poderían construir as pirámides se non tivesen un sistema de numeración?



 
youtube.com - Alicia Cornejo

O horario de 5ºB



Máis tarde iremos subindo os demais das distintas clases.

¿Cómo mellorarías este blog?

domingo, 12 de setembro de 2010

¿Qué cousas lle engadirías ou quitarías?Deixa voar a túa imaxinación para poder chegar a facer entre todos un gran BLOG DA CLASE.

A tabla do 9: moi sinxela con este truco "manual"!

Primeiramente, estende as dúas mans.Empezando pola esquerda, enumera os teus dedos do 1 ao 10.
Supoñamos que queres multiplicar 9x7. Baixas o dedo no que está situado o número sete.
Á esquerda deste dedo terás 6 dedos, e á dereita 3; se os xuntamos: ¡o resultado é 63!
¡PROBA TI MESMO!

Material autoeditado

O noso porquiño non ten nome!

Como vedes a nosa mascota non ten nome... atreveste a poñerllo?
Envía un comentario co nome que máis che guste para o noso porquiño e entre os que propoñades escolleremos o máis divertido.

Comezamos a nosa andaina...



Chega o novo curso...todos coas pilas cargadas!

Profes, rapaces e rapazas listos para comezar. Estamos no terceiro ciclo con moitas gañas de aprender.

Este é o teu blog. Aquí atoparás todo o que precisas para esta nova viaxe. Coñecerémonos a nós mesmos e ao mundo que nos rodea. Sempre con imaxinación e dunha forma lúdica, acompañada do estudo e do traballo persoal.
 
Ir abajo Ir arriba