CPI Virxe de Cela: Terceiro ciclo Fina Casalderrey !-- Prototype y Scriptaculous-->

Fina Casalderrey

mércores, 11 de maio de 2011

Visita de Fina Casalderrey ao noso colexio.

Hoxe o alumnado das clases de 5º e 6º do colexio Condesa de Fenosa tivemos a sorte de recibir a visita dunha convidada moi especial: foi a escritora pontevedresa Fina Casalderrey.

A min pareceume unha persoa moi interesante, pois ademais de escritora é profesora no I.E.S. Salvador Moreno de Marín (Pontevedra) e periodista e gastrónoma.

Descubrimos moitas cousas sobre ela, a verdade é que se notaba que lle gusta falar e comunicarse cos nenos e nenas.  
Falounos da súa infancia, que lle houbese gustado crecer rodeada de libros, aínda que a min o que máis me gustou foi cando contou por que se fixo escritora. Foi a historia de Aroa, a señora que non sabía ler,  que era súa veciña e ía onde ela para lerlle as cartas de seu fillo emigrado as Américas. A verdade e que pareceume moi fermosa e emocionoume moito.

Tamén nos deu consellos moi interesantes para escribir sobre as cousas que nos acontecen e que sentimos, e que, ademais de saber escribir, hai que ter imaxinación, sensibilidade e creatividade.

Un descubrimento interesante foi que a historia do seu libro “Isha, nacida do corazón” está baseado en feitos e personaxes reais.

Unha bagoa que o tempo pasase tan rápido escoitando a Fina.
Como   final ensinámoslle os nosos debuxos, inspirados nos capítulos dese libro e tivo a amabilidade de asinarnos uns autógrafos.

Fina Casalderrey ademais de escribir o libro de Isha, escribiu O misterio dos fillos de lúa polo que recibiu o premio O Barco de vapor  e O estanque dos parrulos pobres polo que recibiu o premio Edebe de literatura infantil e xuvenil.

Esta é a súa obra:
 
-          Dúas bágoas por Máquina.
-          A noite dos coroides.
-          Chamizo.
-          Asústate, Merche!
-          O misterio dos fillos de lúa.
-          O estanque dos parrulos pobres.
-          Prohibido cazar, papá!
-          Ás de mosca para Anxo.
-          A filla das ondas.
-          Bicos de prata.
-          A máscara de palma.
-          Cando a Terra esqueceu xirar.
-          Un can no piso! E que?
-          Fillas das ondas.
-          Eu son eu.
-          O meu avó é unha gata.
-          Un misterio na mochila de Alba.
-          Quen me quere adoptar?
-          Isha, nacida do corazón.
-          Pásmate Merche.
-          Un cabalo de lume.
-          Apertas de vainilla.
-          Xela volveuse vampira.
-          A pomba e o degolado.
-          Ola estúpido monstro peludo.
-          Félix o coleccionista de medos.
-          Pesadelo no tren  chocolate.
-          Lume!

Poderedes saber mais cousas visitando a súa web: Fina Casalderrey http://fina.casalderrey.com/

.
                                                   http://fina.casalderrey.com/index2.htm

Gozádea...
María Rodríguez Pereira

6 comentarios:

Tami dixo...

Está muy bien, ¡resumido y lo cuenta todo!

susususu dixo...

fina mola!

Martin-ChampionsPalMadrid dixo...

mola mola! jaja muy bien Maria esta muy interesante

Anónimo dixo...

Fina chámome Ana e teño 10 anos e gustoume moito un libro teu.

Anónimo dixo...

Fina chámome Ana e teño 10 anos.Gustoume moito un libro teu.

Anónimo dixo...

Fina chámome Ana e no colexio hai unha historia túa que se chama a PROFE VAMPIRESA.Gustoume moito

Publicar un comentario

Antes de comentar, pensa que so se publicarán si son respetuosos.

 
Ir abajo Ir arriba